GALEGO CASTELLANO

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Política de Privacidade

O presente documento de Política de Privacidade establece os términos nos que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (en diante, ISSGA) recopila e protexe a información proporcionada polos usuarios ao utilizar a aplicación Alertas ISSGA. Cando a aplicación solicite ao usuario información coa que poida ser identificado, farao asegurándose de que só se utilizará de acordo aos términos do presente documento. Esta Política de Privacidade pode cambiar co tempo, polo que recomendamos que a revise ao longo do tempo para asegurarse de que está de acordo cos seus termos.

Información recollida

A aplicación Alertas ISSGA poderá recoller información persoal como información de contacto, información de xeolocalización, fotografías realizadas polo usuario e ficheiros de audio gravados polo usuario. Tamén se recopilará información anónima da actividade dos usuarios nos xogos.

Uso da información recollida

Utilizamos a información recollida para mellorar os servizos proporcionados e avaliar o cumprimento dos obxectivos dos xogos propostos a través da aplicación.

Ligazóns a terceiros

A aplicación pode conter ligazóns a outros sitios web que poderían ser do seu interese. Unha vez prema nestas ligazóns e abandone a aplicación, non teremos control sobre o sitio ó que será redirixido e polo tanto os termos de este documento non aplicarán. Deberá consultar os termos da política de privacidade que apliquen neses outros sitios web.

Control da súa información persoal

O ISSGA resérvase o dereito a cambiar os termos do presente documento de Política de Privacidade en calquera momento.