GALEGO CASTELLANO

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Declaración de accesibilidade

A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles as súas aplicacións móbiles de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplica á aplicación móbil Alertas ISSGA para a plataforma iOS.

Situación do cumprimento

Esta aplicación inda non realizou ningunha revisión de accesibilidade.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 16/02/2023.

Observacións e datos de contacto

En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte desta aplicación móbil, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade desta aplicación móbil.

Tamén pode presentar:

As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia. Poden presentarse a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Procedemento de aplicación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación se transcorre o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pode ser presentada a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial, así como a través de calquera das vías previstas na Lei 39/ 2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia.

Contido opcional

Data de última revisión

A última revisión de accesibilidade foi realizada o 02/09/2025.

Ligazóns relacionadas